xogo das mazás

jueves, 20 de mayo de 2010

O galego medra contigo!

Asunto: interesante!!!
Obradoiros, Contacontos e a estrea do novo espectáculo Ola, Ola do grupo Mamá Cabra, compoñen o programa O galego medra contigo! esta fin de semana

O programa O galego medra contigo!, que organiza a Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística, busca promover a transmisión interxeneracional da lingua galega. A importancia de que aos nenos e nenas se lles fale galego na casa, para así transmitirlles a nosa ligua.

Todas as familias que participen nas actividades recibirán unha unidade didáctica e diferentes materiais para que os pais e nais poidan continuar a actividade na casa.

Mañá venres 21 de maio ás 19.0h, na Asociación Xuvenil Xacarandaina (r/ Historiador Vedia, 3) terá lugar un Contacontos e xogos no Obradoiro lúdico das palabras.

O sábado 22 de maio ás 11.30h no Arquivo do Reino de Galiza (Xardín de San Carlos) teremos o Contacontos Paula e as Palabras que levou o vento e un obradoiro de monicreques. Nesta actividade colabora a AAVV da Cidade Vella.

Xa pola tarde o sábado 22 de maio, ás 17.00h no Centro Social Sagrada Familia (r/ Sagrada Familia 26, baixo), terá lugar o Contacontos Paula e as palabras que levou o vento, a cargo de Bululú Teatro e a continuació o grupo de música infantil Mamá Cabra estreará o seu novo espectáculo Olá, Olá!Paz(Alicia 2005)